QUE É AQUACLEAN?
A Tecnoloxía Aquaclean é un tratamento revolucionario que permite que se limpen as manchas simplemente utilizando un pouco de auga. Así, conseguimos un mantemento moi sinxelo e nun tempo mínimo.
Aquaclean axuda a desfacerse da maioría das manchas domésticas (viño, tinta, salsa, graxa, barro, chocolate, crema, etc.) facéndonos a vida máis fácil e deixándonos máis tempo para as cousas importantes.
COMO FUNCIONA AQUACLEAN?
AquacleanTechnology é unha protección avanzada para a tapicería do teu sofá. Este tratamento cobre cada fibra cunha capa molecular invisible que evita que a sucidade penetre no tecido.
A TEA QUE SE LIMPA CON AUGA
-
1. Retirar o exceso de residuo vertido sobre a tapizaría.
-
2. Aplicar auga sobre a mancha, ben de forma directa ou ben cun pano absorbente mollado e escorrido. Espero uns segundos.
-
3. Presione sobre a mancha co pano e fregar suavemente sobre o tecido con movementos circulares. Se a mancha non desaparece de todo, volva repetir o proceso as veces que sexa preciso.