• La tea que se limpa con auga

VANTAXES DE UTILIZAR TECIDOS AQUACLEAN PARA A MIÑA MASCOTA

En Aquaclean facémosche a vida máis fácil, e por iso queremos que o teu sofá estea libre de manchas, rabuñaduras e cheiros por culpa das túas mascotas. A nós encántannos os animais e por iso desenvolvemos unhas coleccións determinadas para minimizar os efectos que a túa mascota pode ocasionar no tecido do teu sofá.


DURABILIDADE

En ocasións, as mascotas rabuñan o tecido do tapizado porque senten atraídas pola súa suavidade. As mascotas, instintivamente, rascan o tecido provocando rabuñaduras no caso da pel ou roturas, porque esfiañan a superficie. O tecido Aquaclean ten un recubrimento de fibras sintéticas que evitan que a uña da nosa mascota penetre nos bucles do tecido da trama evitando que, ao estirar, rompa o tecido.

RETIRADA DE PELO

Os tecidos Aquaclean, pola súa estrutura, son tecidos antiestáticos, evitando así o pelo das mascotas. De todos os xeitos, e aínda que as nosas mascotas non suban ao sofá, pode ocorrer que queden pelos adheridos nos laterais. Para poder retirar este pelo, podemos recorrer a un trapo húmido ou a un aspirador, aínda que tamén existen cepillos adhesivos (lint roller).

FACILIDADE LIMPEZA

Os nosos tecidos dispoñen da Tecnoloxía Aquaclean®, que limpa as manchas domésticas habituais dunha forma rápida e sinxela. Ademais, e pensando nas nosas mascotas, Aquaclean realizou tests de ouriños, feces e sangue de cans e gatos, cuns resultados excelentes.

CHEIROS

O uso continuado do sofá por parte das nosas mascotas, pode provocar malos cheiros. Para evitalos, Aquaclean recoméndavos ventilar ben as estancias, aspirar periodicamente a tapizaría e utilizar eventualmente o uso dun vaporizador anti cheiro.



TECIDOS TRADICIONAIS

Os tecidos tradicionais, sen ningún tipo de protección, resultan ser un branco fácil para as mascotas, que coas uñas poden enganchar as fibras que conforman o tecido do sofá, e rómpeno (esgazáno) cando estiran as uñas para soltarse.


TECIDOS RECOMENDADOS POR AQUACLEAN

Os tecidos que Aquaclean recomenda para mascotas dispoñen dunha capa protectora desenvolvida cunha innovadora tecnoloxía que se comporta como unha barreira elástica e flexible que impide que as uñas das mascotas cheguen ao tecido e o esfiañen.


Descubre as teas e coleccións máis apropiadas para as túas mascotas, cunha ampla gama de cores, lisos e estampados, e coa garantía da Tecnoloxía Aquaclean®.


CONSELLOS PARA CONVIVIR COA TÚA MASCOTA

O sofá é o centro da casa e os animais poden ser moi territoriais, polo que se trata dun lugar moi tentador para a súa mascota para realizar a súa marcaxe. Os animais teñen un comportamento que pode variar moito dun a outro. O mellor investimento que pode facer é educar á súa mascota para que utilice os lugares destinados a ela.


EVITA AS RABUÑADURAS

Podes colocar cascas de laranxa ou fregar o tecido coa pel de laranxa, xa que o cheiro a cítrico resúltalles desagradable aos animais.

EDUCA Á TÚA MASCOTA

Compra un rascador para o teu gato e ensínalle a utilizalo. Para que se afaga a el, podes asperxer o rascador con catnip ou valeriana. Estes cheiros atráenos. E non esquezas premiar ao teu gato cada vez que o utilice.

ASEO ANIMAL I

Mantén curtas as uñas da túa mascota, para evitar que necesite afialas e che estrague o sofá.

ASEO ANIMAL II

Cepilla á túa mascota regularmente. Os pelos que tires ao lixo, non andarán pola casa.

BOA ALIMENTACIÓN

Alimenta ben a túa mascota, xa que unha dieta inadecuada pode provocar que perdan máis pelo. Ademais, unha boa alimentación axudará a previr que caian enfermos, dándolles mellor calidade de vida.



Se estás interesado/a nestes tecidos perfectos para as túas mascotas, ponche en contacto connosco a través de Contacto